List

A estratexia galega de investigación e innovación RIS3 para a especialización intelixente foi deseñada á marxe dos grupos e consorcios de investigación que mantemos redes internacionais de investigadores e creamos as sinerxias necesarias que demanda a Unión Europea para levar a cabo os seus obxectivos en materia de emprego, innovación, educación, inclusión social e clima, que terán que alcanzarse para 2020. Nese sentido, Galicia e o Ministerio de Educación dan ás costas ás contribucións que desde os grupos de investigación se poden facer ao conxunto dos intereses galegos e nacionais, o que si premia a Comisión Europea co seu patrocinio.
Esta política de investigación só contribúe á fragmentación e a políticas ineficaces que manteñen ás universidades galegas á cola dos ránkings internacionais máis prestixiosos.

Entrevista de Alberto Marínez en El Correo Gallego:

«[…] Investigades desde a psicoloxía social un estilo de vida sustentable en Europa, mais falla a transferencia dese coñecemento?

A nosa contribución é en concreto, desde a psicoloxía ambiental, unha disciplina que tenta comprender mellor a natureza da relación entre as persoas e o seu ambiente sociofísico. É verdade que aínda que os resultados sexan interesantes, é máis difícil facelos chegar á sociedade pola súa propia complexidade, pero o noso papel como científicos non é o de diseminadores da ciencia, senón que debería haber máis intermediarios que se ocuparan de trasladar estes resultados a unha linguaxe máis comprensible.

Quen debe facelo entón?

Os gobernos deben ser conscientes da necesidade de cumprimentar este baleiro dándolle contido por medio de políticas de divulgación, apoiando a constitución de plataformas que funcionen como interface entre políticos, científicos, medios de comunicación e organizacións da sociedade civil. O Reino Unido, Holanda, fano. A Unión Europea faino. Por que non España? E o papel dos medios de comunicación é chave, polo nivel de influencia e conexión directa coa formación e concienciación sobre asuntos de interese social, provendo expertos en interpretación da ciencia, como nalgún tempo tiveron […]»

Share

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

  Posts

1 2 3 24
Setembro 8th, 2017

The analysis of urban contexts

Setembro 8th, 2017

Análisis de contextos urbanos

Setembro 8th, 2017

Análise de contextos urbanos

Xullo 22nd, 2017

Diálogos metodolóxicos na abordaxe da investigación social e ambiental

Xullo 20th, 2017

Por unha Comisión de Investigación sobre o accidente de Angrois

Xullo 18th, 2017

Cambio climático, valores ambientais e novas tecnoloxías

Xuño 23rd, 2017

Connecting with Nature: social and economic opportunities for sustainability

Febreiro 24th, 2017

Bulletin of People-Enviromental Studies – Autumn 2016

Febreiro 20th, 2017

“O PSOE propón que o galego poda usarse en todos os servizos públicos do Estado”

Febreiro 20th, 2017

“El PSOE propone que el gallego pueda usarse en todos los servicios públicos del Estado”