List

La Voz de Galicia logo«Investigación e política non adoitan ir da man. É máis, o sistema xeral da ciencia e, en especial, das ciencias sociais non está a formar os seus investigadores para que os resultados de investigación cheguen a ter un impacto na area política e, en consecuencia, no benestar de quen a financia, o cidadán. Pola súa parte, os políticos tampouco mostraron moito interese en implementar políticas baseadas en investigación que dean apoio ás súas decisións, amosando maior preferencia por importar modelos doutros lugares, moitas veces cun indesexable impacto social, económico ou ambiental.

Mudar os modos de facer política ou promover políticas completamente novas non é unha tarefa doada e, aínda que é un proceso longo e complexo, é posible. Non é preciso gobernar en asemblea. Tan só se require facer fronte a dous retos. Por unha banda, un forte investimento en coñecemento e na creación dunha base estable de información ao servizo do público, que facilite a participación e a innovación social. Por outra, dotar dos necesarios recursos para explorar, crear e innovar, pero de tal xeito que o resultado chegue a incorporarse á política práctica, e alcance así ao cidadán, como principal receptor do resultado da investigación que a sustenta.

Investir en educación e máis en investigación e innovación tense convertido nun paso necesario para prosperar e superar as dificultades sociais e económicas. Quen renuncie a isto —grave erro— estará abocando o país á ruína ou a un único beneficio de especuladores económicos ou políticos. O Goberno que agora conclúe o seu mandato foi un exemplo desta renuncia, que deu como resultado un grave retroceso dos investigadores españois respecto aos seus colegas europeos, poñendo a España de costas á normal evolución do retorno europeo da I+D+i. Confiemos en que, tal como sinala o CIS, se os españois desexan un cambio e a súa ideoloxía máis próxima se sitúa arredor do partido do puño e a rosa, co líder socialista recuperemos o terreo perdido.

Ricardo García Mira é número dous da canidatura do PSdeG-PSOE ao Congreso pola Coruña.»

Publicado en DE COTÍO (La Voz de Galicia, 18-12-2015)

Share

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

  Posts

1 2 3 24
Setembro 8th, 2017

The analysis of urban contexts

Setembro 8th, 2017

Análisis de contextos urbanos

Setembro 8th, 2017

Análise de contextos urbanos

Xullo 22nd, 2017

Diálogos metodolóxicos na abordaxe da investigación social e ambiental

Xullo 20th, 2017

Por unha Comisión de Investigación sobre o accidente de Angrois

Xullo 18th, 2017

Cambio climático, valores ambientais e novas tecnoloxías

Xuño 23rd, 2017

Connecting with Nature: social and economic opportunities for sustainability

Febreiro 24th, 2017

Bulletin of People-Enviromental Studies – Autumn 2016

Febreiro 20th, 2017

“O PSOE propón que o galego poda usarse en todos os servizos públicos do Estado”

Febreiro 20th, 2017

“El PSOE propone que el gallego pueda usarse en todos los servicios públicos del Estado”