List

Mañá, co inicio da XI Lexislatura, dará comezo a miña experiencia na política nacional, onde teño a oportunidade de formar parte dun grupo, o do PSdeG-PSOE que ten o importante reto de cambiar e mellorar a sociedade. Hoxe reflexiono sobre este “brief” que editamos recentemente no proxecto TRANSIT, sobre como podemos aprender a facer as cousas de xeito diferente, e como moitas das cuestións sociais, ecolóxicas, económicas ou tecnolóxicas de hoxe precisan de profundos cambios, que cada vez hai máis xente que o recoñece e rexeita esperar pasivamente a que eses cambios acontezan, e se organiza para explorar e loitar por acadar obxectivos de sustentabilidade ambiental, equidade e xustiza social, e resiliencia económica.

É un proxecto que conta co patrocinio da Comisión Europea, no que estiven implicado durante estes últimos anos (www.transitsocialinnovation.eu), no que traballamos con iniciativas e redes de innovación social, nun intento de comprender e mellorar os procesos de transformación social e de xerar coñecemento susceptible de producir acción política que axude a innovadores sociais, a emprendedores e a políticos a cambiar as prácticas e sistemas que manteñen moitos dos problemas actuais.

Compartir recursos, estender a solidariedade e a cooperación, explorar a autodeterminación, reforzar a resiliencia local, avanzar na procura de impacto social positivo, son algúns dos retos comúns en termos de traballo con gobernos, coordinación, avaliación e xestión de recursos, e, en definitiva mudanza e reinvención de valores sociais que implican novas relacións entre os seres humanos, novas relacións sociais.

Share

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

  Posts

1 2 3 24
Setembro 8th, 2017

The analysis of urban contexts

Setembro 8th, 2017

Análisis de contextos urbanos

Setembro 8th, 2017

Análise de contextos urbanos

Xullo 22nd, 2017

Diálogos metodolóxicos na abordaxe da investigación social e ambiental

Xullo 20th, 2017

Por unha Comisión de Investigación sobre o accidente de Angrois

Xullo 18th, 2017

Cambio climático, valores ambientais e novas tecnoloxías

Xuño 23rd, 2017

Connecting with Nature: social and economic opportunities for sustainability

Febreiro 24th, 2017

Bulletin of People-Enviromental Studies – Autumn 2016

Febreiro 20th, 2017

“O PSOE propón que o galego poda usarse en todos os servizos públicos do Estado”

Febreiro 20th, 2017

“El PSOE propone que el gallego pueda usarse en todos los servicios públicos del Estado”