img_ricardogarciamira

Ricardo García Mira é Doutor en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1994) e Profesor de Psicoloxía Social e Ambiental, con acreditación nacional de Catedrático de Universidade, na Universidade da Coruña (España) desde 1995, onde é Coordinador do Grupo de Investigación Persoa-Ambiente. Desempeña actualmente o cargo de Presidente da sociedade científica internacional IAPS (International ) por elección. Recentemente foi proposto para ser Profesor da University of Bath (Reino Unido).

Foi Visiting Reader do Departamento de Psicoloxía da University of Surrey (Guildford, Reino Unido) durante o período 2003 a 2012. Obtivo o nomeamento de International Visiting Scholar na Texas State University (San Marcos, USA, 2001), e foi tamén Profesor Visitante na Universidade de Tallinn (Estonia, 2002), a Universidade do Oeste de Timisoara (Romanía, 2005, 2007, 2009), a Universidade Nacional Autónoma de México (México, DF, 2006) e a Universidade Federal de Ceará (Fortaleza, Brasil, 2012), entre outras.
Ten dado conferencias en múltiples universidades ao longo do mundo, como na Universidade de Texas A&M (College Station, USA, 2001); Universidade de São Paulo (Brasil, 2002); Universidade Sapienza de Roma (Italia, 2002); Universidade de París V (París, 2003); Universidade do Oeste de Timisoara (Romanía, 2004, 2007); Universidade Alexander Ion Cuza de Iasi (Romanía, 2005, 2006); Universidade de Groningen (Holanda, 2003), Universidade de Umea (Suecia, 2009), Universidade de Daegu (Corea do Sur, 2011) UNAM (México, 2006, 2011, 2013), Universidade Federal de Ceará (Brasil, 2012, 2015), Universidade Federal de Sergipe (Brasil, 2015), Universidade Católica Pontificia de Río Grande do Sul (Brasil, 2005), Universidade Católica de Salvador de Baía (Brasil, 2013) e Universidades de Oviedo, País Vasco, Madrid, Granada, Málaga, Barcelona e Santiago de Compostela, entre outras. É Editor Europeo do Journal of Architectural and Planning Research e membro do Consello Editorial de revistas como Journal of Environmental Psychology, Psyecology, Europe’s Journal of Psychology, Administración y Ciudadanía, entre outras. Foi membro do Consello de Dirección de IAPS (www.iaps-association.org) no período 2000-2008, onde desempeñou os postos de Editor do Bulletin of People-Environment Studies 2004-2008), Secretario (2012-2014) e actualmente de Presidente electo para o período 2014-2018. Ten sido un investigador activo ao longo dos últimos 20 anos, evaluando o impacto ambiental de problemas sociais, como por exemplo: El desastre del Prestige en el período 2002-2008; o Los incendios en Galicia en 2006-2007).

É evaluador de proxectos para a ANEP (Agencia Nacional de Evaluación y Prospectiva, Ministerio de Educación), a AGAUR (Agencia de Gestión de Ayudas Universitarias e Investigación) da Generalitat de Cataluña, a NWO (Netherlands Organisation for Scientific Research – Social Sciences Research) do Goberno Holandés, e a Axencia Nacional do Goberno de Finlandia, ademais de membro do Comité Científico da IAPS (Internacional Association for People-Environment Studies) para quen evalúa artigos e proxectos do ámbito de medio ambiente e do comportamento humano. Finalmente, é membro do Comité Científico do Grupo de Psicólogos Ambientais das Universidades Españolas.

Ten experiencia en dirección e xestión de proxectos de investigación baixo o patrocinio da Xunta de Galicia, o Ministerio de Educación e la Unión Europea a través do programa FEDER e o programa FP7. Actualmente é o Coordinador do Consorcio Europeo no proxecto LOCAW “Reducindo Emisións no Traballo” (2011-2013) (www.locaw-fp7.com), así como do proxecto GLAMURS “Estilos de vida sustentables e Economía verde” (2014-2016) (www.glamurs.eu), e socio no proxecto TRANSIT “Teoría da Innovación Social Transformativa” (2014-2018) (www.transitsocialinnovation.eu), todos eles do 7º Programa Marco de I+D da Unión Europea.
Conta actualmente con 3 tramos de investigación (sexenios) recoñecidos pola Comisión Nacional de Evaluación de la Actividad Investigadora (CNEAI) e 4 quinquenios docentes na Universidade da Coruña.

Outros. No ámbito da representación, ostentou, en virtude de elección –por unanimidade– o cargo de Presidente da Xunta de Personal Docente e Investigador da Universidade da Coruña, durante o período 2005-2007.

No ámbito do periodismo, desenvolve actividades de colaboración co Grupo Voz, en concreto co diario “La Voz de Galicia“, así como na emisora Radiovoz, como comentarista político e social.

Share