List

Con tanto ir e vir a Madrid, apenas tiven tempo de suliñar aquí o traballo desenvolvido polo meu estudante de doutoramento, agora Doutor Vicente López Chao, baixo a dirección conxunta con Jesús Miguel Muñoz, que defendeu o pasado día 13 de Xaneiro, na Universidade da Coruña, a súa tese doutoral titulada “O Impacto do Deseño do Espazo e outras variables sociofísicas no proceso de Ensino-Aprendizaxe”. Un gran traballo con mención europea, que levou a máxima cualificación do tribunal formado por arquitectos, pedagogos e psicólogos locais e europeos. Vicente é un investigador arquitecto brillante, que completou a súa formación na Universidade de Oxford, e segue a manter o bon nivel da súa saga familiar, na que destacan escritores, artistas e profesores. Estou seguro que atoparemos aplicación á transferencia deste coñecemento á política educativa na que agora estamos a traballar en Madrid. Unha grande aperta para el en nome de todo o meu equipo!

Share

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*