List

Onte presentamos na Reitoría, en presencia do Reitor e o Alcalde da Coruña, o proxecto de investigación CONNECTING que cun presuposto total de 13 millóns de euros (11 deles gañados nun proceso competitivo do Programa Horizon-2020 da Comision Europea) se desenvolverá desde o noso Grupo de Investigación na Universidade da Coruña durante os próximos cinco anos, baixo a coordinación do Trinity College Dublin. No proxecto, que versará sobre rexeneración urbana con solucións baseadas en natureza, participan 29 institucións europeas entre as que figura tamén o Concello da Coruña, que foi convidado a acompañarnos na proposta, considerando a idoneidade de parte dos seus programas urbanos en relación cos obxectivos do proxecto de investigación. Este proxecto conta detrás con máis de seis anos de traballo previo noutros proxectos europeos e servirá de base para a transferencia de coñecemento e aplicacións ao ámbito da política nacional e local.

Ler máis en La Opinión A Coruña:

laopinioncoruna.es

Share

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*